9X.- Ana Miranda chama á participación nas europeas: "Mañá decídense temas fundamentais para Galicia"

A candidata do BNG pasa a xornada de reflexión no barrio vigués de Bouzas, coa súa filla e amigos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/06/2024

A eurodeputada e candidata do BNG, Ana Miranda, fixo un chamamento á participación nas eleccións europeas que se celebran este domingo, día 9 de xuño, ao asegurar que "mañá se deciden temas fundamentais para Galicia".

"É moi importante ir votar porque se deciden cousas para comer, que producir, onde vivir, como comunicarnos como o resto do mundo e tamén se decide paz ou guerra", manifestou.

Ana Miranda instou ao pobo galego a mobilizarse de forma masiva e a dar unha "lección de democracia" para decidir a quen quere mandar a Bruxelas.

A candidata nacionalista fixo estas declaracións desde o barrio vigués de Bouzas, onde pasa parte da xornada electoral xunto á súa filla, amigos e veciños.

Miranda pasará a tarde en Cuntis, onde visitará o cemiterio no que están enterrados os seus pais, coa súa filla e amigos.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A candidata do BNG ao Parlamento europeo, Ana Miranda, pasa a xornada de reflexión no barrio vigués de Bouzas, coa súa filla e amigos. BNG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.