Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2024
Catro escanos da Eurocámara estarán ocupados, tras este 9J, por eurodeputados ligados con Galicia: dous deles serán do PP --os de Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez--, mentres que o socialista Nicolás González Casares repetirá, e a nacionalista Ana Miranda logrou recuperar un asento propio do BNG para todo o mandato.
Estes son os seus currículos e algúns datos biográficos:
PPDEG
1.- Francisco Millán Mon (Pontevedra, 1955) é eurodeputado da delegación española da PPE desde o ano 2004. Na súa ampla traxectoria na Eurocámara exerceu como vicepresidente primeiro da Comisión de Pesca e presidente do Intergrupo sobre Patrimonio Cultural Europeo, Camiños de Santiago e outras Rutas Culturais Europeas, ademais de membro da Comisión de Asuntos Exteriores.
2.- Adrián Vázquez (Madrid, 1982). Non é galego pero ten as súas orixes na comarca pontevedresa do Deza, de onde son os seus pais. Como dirixente de Ciudadanos foi eurodeputado e presidente da Comisión de Asuntos Xurídicos do Parlamento Europeo desde 2020. Na confección da lista popular do 9J foi un das fichaxes do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo.
BNG
1.- Ana Miranda --Cuntis (Pontevedra), 1971-- é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e ocupa o cargo na Executiva Nacional do BNG de responsable de Relacións Internacionais. Especializada en Dereito Europeo con estudos nas universidades da Coruña e Lovaina (Bélxica), participa nas institucións comunitarias desde hai 25 anos, cando exerceu de asesora do primeiro eurodeputado do BNG, Camilo Nogueira.
PSDEG
1.- Nicolás González Casares (A Coruña, 1972), foi deputado no Parlamento Europeo na última lexislatura, onde formou parte do Grupo da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas (S&D). Traballou durante case 20 anos como enfermeiro, fundamentalmente no campo das emerxencias. Ocupou diferentes cargos orgánicos a nivel local e rexional no PSdeG. Así, foi tenente de alcalde da localidade na que reside, o municipio pontevedrés de Lalín.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Levaba un tempo sen entrar neste blog, e todo segue igual, até atopo dous vellos coñecidos como comentaristas oficiais. Gamela, coa súa obsesión enfermiza contra o BNG (a crítica necesaria non é disparar ao aire, pois daquela perdes tempo e desacredítaste a ti mesmo); e Sentidiño, para taparlle o rabo do BNG (no de que a Ana Miranda vai ser eurodeputada os cinco anos xa non o afirma nin a Ana Pontón, despois que desde Catalunya dixeran ben claro que sería compartido). En fin, un teatriño do impaís que habitamos.
Por Sentidiño: Pois benvida de novo. Por eiquí só quedamos as boomers, que pasamos de X ( https://x.com/Gconfidencial), e do Insta. Pero isto tamén está ben, escribes e queda, temos máis repouso... Saúde.
Alégrome polo escano de Ana Miranda (sinceiramente) pero gostaríame saber se vai ocupar o escano durante 5 anos ou terá que compartilo con Ara Més (?) do mesmo xeito que ela compartiu o escano na pasada lexislatura... sendo Becaria do 2019-2022 https://www.europarl.europa.eu/erpl... Descoñecemos a letra pequena da Coalición Agora Repúblicas e gostaríame saber se a Felicidade é Completa ou A Medias ?
Por Sentidiño: Si, a tempo completo: alégrese completamente. E non, non vai ser "becaria", nin o foi, porque "becaria" é a estudante de mérito que recibe unha aportación pública que compense a súa situación económica. "Becaria", tal e como vostede o emprega, é un termo denigratorio (na universidade xa non existe) que só utilizan os machistas contemporáneos de Bill Clinton.
Por Gamela: Teremos que inventar outra linguaxe para disfrazar a realidade... Becarios son os que reciben axudas económicas (normalmente merecidas) e supoño que os 3.700 € ao mes durante os 3 anos que botou no Parlamento coma Asistente ben poden recibir o nome de Becaria (pois non era Parlamentaria con Acta) Pero se na Universidade xa non se emprega o termo Becario... Podes empregar o que tí queiras, pero o termo non ten NADA de Denigratorio agás nas cabezas da xente que pretende ocultar a realidade social na que vive... (?) Algúns fomos Becarios e a moita Honra...
Dicir que o tránsfuga de Ciudadanos é galego é coma dicir que a tía de Abascal era de Ourense... O PPdeG é tan poderoso en España que o primeiro galego vai de número oito.
Ana Miranda (BNG), Nicolás Casares (PSdeG) e Francisco Millán Mon (PPdeG) / EP