9X.- Vox presume de ser o partido que máis creceu en porcentaxe de votos en Galicia

En comparación cos comicios europeos de 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2024

Vox presumiu este luns de que foi "o partido que máis crece en Galicia en porcentaxe de votos" nestas eleccións europeas, en comparación cos comicios europeos de 2019.

Nun comunicado, a formación liderada por Santiago Abascal sinalou que o seu crecemento de apoios foi do 27 %, ao obter algo máis de 48.200 papeletas (o 4,32 %, fronte ao 2,59 % de fai cinco anos). "Nestas eleccións confirmouse a tendencia á alza de Vox en Galicia, consolidándose como a cuarta forza política", sinalan fontes do partido. A nivel nacional, Vox conseguiu dobrar a súa representación no Europarlamento, ao pasar de 3 a 6 escanos, subindo do 6,28 ao 9,6 % de votos, terceira forza política.

A valoración de Vox, remitida mediante un comunicado aos medios, chegaba pouco despois de que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello, puxese en valor os resultados do PP en Galicia, unha do tres comunidades onde solicitou maior porcentaxe de apoios.

Nese contexto, defendeu que considera "unha boa noticia" que na comunidade Vox e Se acabó la fiesta tivesen "baixo" apoio en relación ao que ocorre no resto do país. "O partido Se acabó la fiesta ten en Galicia o segundo peor resultado de toda España e Vox volve ser un partido testemuñal. Celébroo e creo que iso demostra que os galegos confían, nun amplo espectro, no PP, no 'sentidiño', na moderación e na xestión que estamos a facer", argumentou o líder popular.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O líder de Vox, Santiago Abascal / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.