A Xunta inviste 123 millóns de euros nun plan para mellorar a sustentabilidade e competitividade do marisqueo

Villares defende que o programa "cumpre coa palabra dada" ao sector en febreiro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/07/2024

A Xunta deseñou un plan dotado con 123 millóns de euros, procedentes de fondos propios e europeos, para mellorar a sustentabilidade e competitividade do sector marisqueiro. A iniciativa foi presentada este mércores en Ames polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que incidiu en que, desta forma, a Xunta "cumpre coa palabra dada" ao sector no mes de febreiro.

Acompañado por representantes da Federación Galega de Confrarías, o conselleiro sinalou que o plan parte do "diálogo" co sector para dar resposta á baixada da produtividade nas rías como consecuencia das intensas choivas rexistradas no outono do pasado, que fixo que a mortaldade de moluscos alcanzase nalgúns bancos o 80%. Segundo recolle unha nota de prensa, o programa, financiado con recursos da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Agricultura, divídese en dous partes: por unha banda, 63 millóns enfocados a mellorar a "sustentabilidade" do marisqueo e, por outro, 60 para accións de rendibilidade.

O primeiro apartado inclúe medidas como a análise de solucións técnicas ante a caída de produción e o impacto do cambio climático, así como o desenvolvemento de iniciativas para a conservación e restauración de biodiversidade e os ecosistemas mariños ou a vixilancia dos bancos. A Xunta destaca outras actuacións nesta área, como a rexeneración dos bancos danados, actividades de formación, o "fortalecemento" da colaboración entre o sector e organismos científicos como Redemar ou Intecmar e a constitución da mesa do marisqueo, que estará integrada por persoal científico de centros de investigación mariña, técnicos de centros directivo e biólogos da consellería.

Para mellorar a competitividade do marisqueo galego, o plan contempla 60 millóns para executar accións orientadas á investigación na produción de semente ou mellorar a resiliencia das especies á baixa salinidade ou os cambios ambientais. Tamén promoverá a creación dunha plataforma de vendas ou o "fortalecemento" da colaboración con entidades asociativas, como os proxectos GALP, o plan de equipamentos portuarios ou convenios coas Federacións de Confrarías de Pescadores.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presenta o plan de sustentabilidade do marisqueo. XUNTA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.