A Xunta insta o Goberno a responder: 16 alegacións ao decreto da eólica mariña agardan

A Xunta demanda que os criterios como a compatibilidade co medio mariño e o impacto na pesca teñan un peso mínimo do 50% na ponderación dos proxectos, fronte ao 30% proposto.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/07/2024

A Xunta lamenta a falta de resposta do Goberno ás 16 alegacións realizadas, por parte do Observatorio da Eólica Mariñaao decreto que regula a eólica mariña. E é que Galicia require que os criterios non económicos dos proxectos (como a maior compatibilidade co medio mariño ou as menores afeccións ao sector pesqueiro) teñen que supor un 50%, polo menos, da ponderación total, fronte ao máximo do 30% recollido actualmente no proxecto de decreto.

Así se expuxo nunha reunión entre a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, con representantes de CC.OO. para abordar o futuro desenvolvemento da eólica mariña. Segundo apunta o Goberno galego nun comunicado este luns, a eólica mariña supón unha oportunidade para impulsar a cadea de valor do sector en Galicia.

A Xunta lembra que acaba de solicitar a ampliación da autorización para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre da plataforma experimental de enerxías mariñas de Punta Lagosteira, nas proximidades do Porto Exterior da Coruña, onde actualmente se realizan labores de ensaio e validación de prototipos e materiais, así como estudos relacionados co medio mariño. Ademais, Galicia está á espera do apoio do Goberno central para a posta en marcha dunha segunda plataforma experimental.

"A Xunta ten claro que Galicia pode ser un referente en xeración e loxística industrial desta tecnoloxía, pero o seu desenvolvemento require dunhas claras garantías de coexistencia e compatibilidade co medio mariño e coa actividade pesqueira, e así se trasladou na reunión", expón. Tamén se tratou a importancia da creación de emprego en sectores como a construción, a operación e o mantemento das instalacións eólicas, así como en actividades relacionadas coa investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Reunión de conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, con representantes de CC.OO. Para abordar o futuro desenvolvemento da eólica mariña.. XUNTA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.