Os préstamos persoais en liña, unha alternativa a considerar fronte as tarxetas de crédito

A cifra de negocio das operadoras deste sector cuadriplicouse dende 2009, grazas a uns intereses de demora comparativamente moito mellores que os dos cartóns de crédito e unha tramitación moito máis rápida.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 26/11/2015

Malia crise, o sector dos préstamos persoais en liña continúan a mostrar un crecemento exponencial. Aínda que facilitar datos concretos sobre este novo sector é difícil, pois o Banco Central Europeo e o Banco de España aínda non ofrecen cifras específicas, é un feito que o volume de negocio das operadoras cuadriplicouse entre 2009 e 2013 en España. 
 
Trátase dun sector xa consolidado nos Estados Unidos e que está afianzarse no Vello Continente. Pero, se o pensamos ben, os pequenos préstamos persoais en liña recorrentes non son nada novo na nosa sociedade. Todos as persoas que dispomos e usamos unha tarxeta de crédito estamos a contratar un préstamo persoal cada mes. En España existen máis de 940.000 tarxetas de crédito, segundo datos do Banco de España para 2015. É dicir, no Estado cada mes se conceden case un millón de préstamos deste tipo.
 
Unha clave a ter moi en conta é que os cidadáns ven as tarxetas de crédito como instrumentos de pago, non como ferramentas de crédito. Confían en que todos os meses van ter saldo abondo para devolver o pagado co diñeiro de plástico e, na maioría dos casos, obvian os altísimos intereses que abonarían de non poder facer fronte ao recibo de fin de mes. As entidades bancarias e de emisión de tarxetas aprovéitanse desta ignorancia, cargando intereses moi elevados, un 13% de media e até un 29%, aplicábeis dende o primeiro céntimo non devolto.
 
Comparativamente, hai préstamos en liña que ofrecen mellores condicións. Por exemplo Vivus, líder do sector de micro-préstamos no mercado español, ofrece préstamos rápidos que incluso chegan a ter interese cero no caso da primeira solicitude dunha cantidade pequena a devolver en 30 días ou menos. Todo isto sen ter que abonar unha cota equivalente a emisión que, enmascaradamente (obrigándonos a cumprir algunhas condicións como ter a nómina domiciliada) ou directamente, pagamos ao banco pola tarxeta de crédito. 
 
Por iso considerar a opción dun microcrédito é moi interesante, por exemplo, para os emprendedores que necesitan un pouco de liquidez inmediata para afrontar gastos imprevistos. O papeleo para lograr un pouco de diñeiro en man é moito menor que nas entidades tradicionais e, normalmente, a cantidade solicitada pódese conseguir rápidamente, especialmente se non é moi elevada.
 
Iso si, como en toda operación de crédito, cómpre informarse en detalle para escoller a mellor opción e nunca pedir unha cantidade que supere o que estamos 100% seguros que podemos devolver en prazo, ou enfrontarnos ao risco duns intereses de demora altos ou incluso perder o que ofreceramos como garantía.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Comprando en liña mediante tarxeta de crédito e tomando un café diante do computador

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.