Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/07/2024
Unha persoa resultou ferida na tarde deste xoves tras saírse da vía e chocar contra unha casa na localidade coruñesa de Cee. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17.45 horas no quilómetro 87 da AC-552, na Pereiriña, onde o vehículo chocou contra o muro dunha casa. No operativo participaron efectivos sanitarios do 061-Galicia, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil do municipio. A vítima foi trasladada cun forte golpe na cabeza ao hospital.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Ambulancia do 061 / Europa Press - Arquivo