Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2024
Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; de Educación, Román Rodríguez; e de Mar, Alfonso Villares, asistiron este xoves ao dobre acto relixioso e cívico que cada 25 de xullo se celebra en Santiago en memoria de Rosalía de Castro. O escenario foi a Igrexa de San Domingos de Bonaval, que acolleu a tradicional misa que se oficia nesta data en recordo dunha das principais pezas da cultura e da identidade de Galicia. Posteriormente, as autoridades e demais asistentes, entre os que se atopaba a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, acudiron a realizar unha ofrenda floral no Panteón de Galegas Galegos Ilustres, onde está enterrada a escritora.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Rosalía de Castro / RAG - Arquivo