Situm recolleu na Coruña o premio Galicia-Spin-Off na categoría de Ideas Emerxentes

A empresa compostelá Situm, spin-off da Universidade de Santiago especializada en xeoposicionamiento en interiores, recolleu este luns na sede da Fundación Barrié na Coruña o galardón que a recoñece como gañadora do premio Galicia Spin-off na categoría Idea Emerxente, na que outra compostelá, a biotecnolóxíca Celtalga, recibiu tamén unha distinción como finalista.

Por GC Emprende | A Coruña | 01/12/2015

No acto, ao que acudiu o vicerreitor de Comunicación e Coordinacion, Xosé Pereira, participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o presidente de Banco Pastor e director da Fundación Barrié, José Mª Arias, e o alcade da Coruña, Xulio Ferreiro. 
 
Convocados por Pastor e o portal GCiencia, unha ducia de propostas alcanzaron a selección final, entre as que se atopan iniciativas dedicadas á creación de software, innovación no sector sanitario, empresas agroalimentarias punteiras e compañías que investigan novos produtos procedentes do medio mariño. 
 
Situm Technologies
Situm Technologies, emprazada no Edificio Emprendia, dedícase ao desenvolvemento e comercialización da súa propia tecnoloxía de localización en interiores para smartphones. A empresa nace da man de tres antigos investigadores do CITIUS da USC, Cristina Gamallo, Adrián Canedo e Víctor Álvarez, que desenvolveron unha das tecnoloxías máis precisas no mercado LBS baseada nos coñecementos adquiridos durante a súa etapa investigadora. 
Aínda que Situm apenas conta con algo máis dun ano de vida, a súa tecnoloxía implantouse xa en máis de 30 edificios repartidos por diversas partes do mundo (Galicia, Madrid, Barcelona, EUA, Xapón e Colombia). O seu produto principal, Situm RTLS, é unha plataforma de localización en interiores para teléfonos intelixentes. 
 
Celtaga Extract
Dedicada á produción de extractos acuosos de macro algas procedentes das costas galegas, os produtos obtidos en Celtalga Extract aplícanse de xeito prioritario ao sector cosmético aínda que tamén se poden utilizar noutros campos como a alimentación e a agricultura. A empresa prevé alcanzar os 250.000 euros en vendas en 2016.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Víctor Álvarez Santos, de Situm, recolleu na Coruña o premio Galicia-Spin-Off na categoría de Ideas Emerxentes

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.