A tecnoloxía ao servizo da saúde do cerebro

Unha nova terapia para atallar as secuelas do ictus e un sistema de diagnóstico precoz de enfermidades neurodexenerativas copan os Premios de Transferencia de Tecnoloxía.

Por GC Emprende | Compostela | 09/12/2015

A saúde do cerebro é o tema coincidente do proxecto de investigación e do caso de éxito empresarial galardoados na primeira edición dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia.
 
Así, o premio ao mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada, dotado con 6.000 euros netos e unha axuda de 4.000 euros para a formación dun membro do equipo gañador, recaeu en José Castelo, Tomás Sobrino e Francisco Campos, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).
 
O grupo resultou galardoado por unha nova terapia para atallar as secuelas do ictus, unha enfermidade que só en Galicia rexistra máis de 5.000 casos ao ano e vai en aumento.
 
O premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía, dotado con 12.000 euros, correspóndelle ao innovador sistema de diagnóstico precoz de enfermidades neurodexenerativas desenvolvido pola start-up coruñesa Qubiotech, Health Intelligence.
 
O software galardoado, bautizado como IQ-BRAIN, foi precisamente o xerme desta empresa, que naceu como spin-off dun grupo de investigación do CHUS. Os membros do xurado destacaron a capacidade para xerar un importante impacto no coidado da saúde e na eficiencia dos recursos sanitarios. 
 
O certame, que publicou este martes a resolución do xurado, está promovido pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, para recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedentes dos organismos de investigación ao tecido produtivo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



osé Castillo, Tomás Sobrino e Francisco Campos, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (DM)/ diariomedico.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.