O PSdeG describe a posición do Estado sobre a AP-9 ante a Comisión Europea como "técnica" e "non política"

O portavoz da executiva do PSdeG, Julio Torrado, sinalou que o "debate" da AP-9 divídese entre a titularidade da infraestrutura e a gratuidade; e os socialistas galegos consideran o segundo prioritario

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2024

O PSdeG defendeu que a posición que mantén o Estado ante a Comisión Europea no procedemento aberto pola prórroga da concesión da AP-9 na que avoga por manter a súa xestión en mans privadas corresponde a unha postura "técnica" de Avogacía do Estado que non atende criterios "políticos".

Así o asegurou o portavoz da executiva do PSdeG, Julio Torrado, a preguntas dos xornalistas durante unha comparecencia de prensa celebrada na tarde deste martes na sede dos socialistas galegos en Santiago.

Alí, o exparlamentario autonómico incidiu en que a postura expresada polo Minsiterio de Transportes na carta remitida á Comisión Europea onde defende a postura de evitar o rescate polo prexuízo para as arcas públicas parte dun posicionamento "técnico" da Avogacía do Estado.

Para Torrado, o "debate" da AP-9 divídese entre a titularidade da infraestrutura e a gratuidade; e os socialistas galegos consideran o segundo prioritario. "É máis importante que se levanten as barreiras a que o asfalto cante o himno", ironizou.

Neste sentido, abundou en que a transferencia da titularidade da autoestrada para a súa xestión desde Galicia (o Congreso tramita o cuarto intento lexislativo do Parlamento galego) "é importante" pero "a realidade" é que "nese debate" o "verdadeiramente importante é a gratuidade" das peaxes.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Técnicamente seguimos pagando cada día máis e o rapaz nin siquera ten escano !


O portavoz da Executiva do PSdeG, Xullo Torrado, en rolda de prensa / PSDEG / Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.