Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2024
Os incendios de Oímbra e Entrimo, na provincia de Ourense, están xa controlados, segundo a última actualización da Consellería do Medio Rural. O lume rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns, estaba xa estabilizado desde as 23.36 horas de onte. Este incendio iniciouse o martes en Portugal e entrou en territorio galego ao redor das 17.00 horas do mércores, día 4. O lume iniciouse en Portugal o martes e chegou a territorio galego sobre as 17,00 horas do mércores. Segundo as últimas estimacións, afectou a unhas 200 hectáreas de terreo dentro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.
O de Oímbra, na parroquia do mesmo nome en Ourense, quedou xa controlado cunhas 27 hectáreas afectadas. Trátase dun lume que se iniciou ás 21.54 horas do xoves. Sobre o mesmo, a alcaldesa, Ana Villarino, indicou que se centraron parte dos traballos nunha zona próxima a unha granxa con depósitos combustible, pero que a instalación se "salvou" e que tampouco houbo afectación a vivendas.
CRECENTE, ESTABILIZADO
Por outra banda, o incendio da localidade pontevedresa de Crecente continúa estabilizado tras afectar a unhas 300 hectáreas de terreo. Xa está desactivada a Situación 2, que se puxo en marcha ao comezo do lume pola súa proximidade a núcleos de poboación, algo que obrigou a desaloxar momentaneamente a unha vintena de persoas.
A PEOR VAGA DE INCENDIOS DO ANO
Desde que o mércores o lume entrase a Entrimo desde Portugal vivíronse tres días nos que os incendios causaron a peor onda deste ano, con máis de 520 hectáreas de terreo calcinado.
Ata este momento, o mes máis afectado polas chamas en Galicia este 2024 fora o de abril, no que arderon 450 hectáreas. En todo o mes de agosto queimaron unhas 230 hectáreas de terreo,
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Axentes do equipo de Bombeiros de Galicia traballan durante o incendio de Crecente (Pontevedra). Adrián Irago - Europa Press