Extinguidos os incendios de Crecente e Entrimo, tras calcinar case 500 hectáreas en catro días

Tamén está extinguido o incendio forestal que afectaba desde a pasada noite ao municipio ourensán de Oímbra, e que queimou case 27 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/09/2024

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido pouco antes das 22.00 horas deste venres o incendio forestal iniciado na noite do mércores no municipio pontevedrés de Crecente e que afectou, segundo as últimas estimacións, a 267 hectáreas de terreo. Tal e como lembrou a Xunta, a investigación in situ da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), dependente do Goberno galego, identificou intencionalidade neste lume. Para a súa extinción mobilizáronse cinco técnicos, 40 axentes, 71 brigadas, 44 motobombas, seis pas, 9 helicópteros e cinco avións.

Tamén quedou extinguido na mañá deste sábado, ao redor das 11.30 horas, o lume rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns, que queimou unhas 223 hectáreas de monte raso no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, segundo as últimas estimacións. Este incendio iniciouse o martes en Portugal e entrou en territorio galego ao redor das 17.00 horas do mércores, día 4. Nos labores de extinción participaron seis técnicos, 35 axentes, 67 brigadas, 23 motobombas, catro pas, 10 helicópteros e 11 avións.

Finalmente, tamén está extinguido o incendio forestal que afectaba desde a pasada noite ao municipio ourensán de Oímbra, e que queimou case 27 hectáreas. Este lume puxo en risco durante a noite unha granxa con depósitos de combustible, polo que os efectivos concentráronse nesa zona. A alcaldesa, Ana Villarino, confirmou que a instalación se "salvou" e que tampouco houbo afectación a vivendas. Na súa extinción, explicou a Xunta, traballaron oito axentes, 18 brigadas, 13 motobombas e dúas pas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Axentes do equipo de Bombeiros de Galicia traballan no incendio de Crecente / Adrián Irago - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.