O PP de Viveiro reta a dous edís independentes a pactar unha moción de censura contra a alcaldesa, do PSOE

A portavoz dos populares, Mariña Gueimunde, ofreceu este venres unha rolda de prensa na que aseverou que o municipio "necesita o cambio que pediron" os veciños nas eleccións de maio de 2023.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 20/09/2024

O PP de Viveiro reta aos dous concelleiros da formación independente XViveiro a pactar unha moción de censura contra a alcaldesa, a socialista María Loureiro, que goberna co BNG. A portavoz dos populares, Mariña Gueimunde, ofreceu este venres unha rolda de prensa na que aseverou que o municipio "necesita o cambio que pediron" os veciños nas eleccións de maio de 2023.

Nesta cita, o PP gañou con sete concelleiros, pero Loureiro (PSOE) puido formar goberno co apoio do seu grupo (5 edís), o BNG (3) e XViveiro (2). Con todo, este último partido xa mostrou en reiteradas ocasións o seu descontento co grao de cumprimento do acordo que asinou cos socialistas e avanzou hai meses que abriría un "período de reflexión" sobre o seu apoio á alcaldesa.

Neste contexto, os populares instan aos independentes a "reflexionar sobre o futuro" do Concello e a asinar con eles unha moción de censura que, desta maneira, sairía adiante. Gueimunde critica a xestión do bipartito e a "bicefalia" que aprecia coa alcaldesa e o seu tenente de alcaldesa, do BNG. Fronte a iso, a portavoz do PP defende que o Concello "debe ter un único goberno cun único obxectivo: desenvolver o mellor proxecto para Viveiro".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O grupo do PP en Viveiro, encabezado pola portavoz, Mariña Gueimunde / PP

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.