Por Europa Press / Redacción | Lugo | 22/09/2024
Un traballador, de 24 anos, do servizo de emerxencias de Sanxenxo perdeu a vida tras electrocutarse no seu domicilio da localidade pontevedresa.
O home, Julián Valdés Sobredo e natural de Os Tilos, en Teo, faleceu na tarde do sábado cando limpaba cunha máquina de auga a presión na súa casa e recibiu un golpe de corrente eléctrica.
O Concello de Sanxenxo, a través das súas redes sociais, lamentou o falecemento e enviou as condolencias a familiares e amigos do novo.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Concello de Sanxenxo