A campaña de Altri para convencer das súas bondades: "usaremos madeira galega sen plantar máis eucaliptos"

A pasteira portuguesa destaca o "lyocell será unha fira téxtil 100% biodegradable" que reducirá o "turismo téxtil" e que "porá en valor o monte galego"

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/10/2024

Madeira galega e fibra téxtil 100% biodegradable, dunha resistencia moi similar á do poliéster pero moi superior á do algodón. Así vende Greenfiber o Lyocell que producirá Altri na súa planta de Pas de Rei. É parte da campaña social e mediatica que a empresa está a lanzar para tentar convencer das vondades desta empresa.
 
A empresa suliña que investirá  máis de 1.000 millóns de euros, creará ao redor de 500 empregos directos nunha planta que funcionará as 24 horas seguidas. Argumentos utilizados xa pola Xunta para destacar a importancia económica desta factoría que fabricará dous produtos finais a partir da madeira: fibras solubles para aplicacións téxtiles e o Lyocell, unha fibra téxtil coa mesma base celulósica. 
 
MONTES GALEGOS
 
Por iso, a principal materia prima sera celulosa procedente de bosques galegos. Pero a empresa lusa insiste que que non implicará un aumento da superficie de plantacións de eucaliptos por dúas razóns: "non é necesario e, ademais, está prohibido por lei". Utilizarán o que xa hai, que non é pouco.
 
A pasteira lusa asegura que contribuirán a que parte dos 2,4 millóns de metros cúbicos de madeira que se exportan cada ano, queden en Galicia. O que non explica é como se fará para tratar todo ese material tratado nin as consecuencias ecolóxicas que traerá para os ecosistemas da contorna e o ría Ulla. "O proxecto Gama, permitirá que parte desa madeira quede e sexa transformada en Galicia, aumentando en consecuencia o valor engadido que queda no territorio", asegura.
 
PROBLEMAS DA INDUSTRIA DA MODA
 
Con todo, a propia empresa recoñece que a industria téxtil da UE produce actualmente 12,6 millóns de toneladas de residuos téxtiles ao ano e cada persoa 12kg de residuos en vestiario e calzado. Por todo iso, a industria da moda ocupa o 4º lugar en alteracións climáticas, o terceiro en consumo de auga e uso da terra e o quinto en utilización de materias primas e emisión de gases. "De feito, a pegada de carbono da industria da moda (10%) é maior que as emisións de todos os medios de transporte internacionais á vez", admite. Ademais, xustifica que, aínda que nos últimos 15 anos a produción de téxtiles duplicouse, o período de tempo de uso diminuíu un 30% e compra un 60% máis de roupa que hai 15 anos. 
 
O PROXECTO GAMA
 
Por iso, defende o seu proxecto GAMA que "permitiu deseñar un proxecto esixente medioambientalmente, completo e integrado que contribuirá a pór en valor o monte galego, ademais de situar a Galicia como referente na produción de fibras téxtiles de orixe natural e 100% biodegradables". 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
3

Maria Lucila

Se é verdade as bondades de tal fibra, e muito estranho que o que seria seu melhor cliente, Inditex, cala e não compromete seu nome com eles. Não será que tem muitas mentiras é não querem que a gente pense que quem fica com um mentiroso.......


2

Serafo

Altri non. Empresas extranxeiras exprotadoras dos nosos recursos, e destructoras do medio ambente, fora do noso país.

1 resposta
1

Por comite central: Temos que comezar por Alcoa. Non sei que pensan na UPG de largar a Alcoa da Mariña.


1

Xose

24 horas dunha Ximena de 75 metros botando choiva àcida a carón dun espazo natural protegido? Non gracias. Eliminación derivada da implantación dunha mega fabrica de màis de 2000 postos de treballo derivados do turismo sostible, agricultura ecolóxica, pequeñas explotacions familiares? Non gracias. Depreciación do valor dos inmuebles e terras? Non gracias. ALTRI NON.


Arquivo - Un piñeiro novo recentemente tallado en Candaido, A Fonsagrada a 22 de abril de 2021, en Lugo, Galicia (España). A moratoria para a plantación de eucalipto entrará en vigor en maio, para acelerar está a procederse á talla doutras especies como o. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Proceso de fabricación de Lyocell e fibra téxtil/ Altri

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.