Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/10/2024
A Audiencia Provincial de Ourense xulgará o día 9, por presunta apropiación indebida, ao que foi presidente da Federación Empresarial de Hostalaría da provincia de Ourense en 2013 e a outro dos seus integrantes. Fiscalía sostén, no seu escrito de cualificación, que levaron a cabo acordos empresariais para a contratación de prestación de servizos vinculados a accións formativas, ademais de subministración de material.
Isto con subvencións da Xunta de Galicia e de Formación Tripartita, "cantidades que non foron reintegradas tal e como inicialmente se acordou entre as partes" o que motivou reclamacións xudiciais en vía civil polas empresas subcontratadas. "Os acusados percibiron unhas cantidades por parte dos distintos órganos subvencionadores, que debían ser destinadas para o pago dos servizos subcontratados, cantidades que non foron satisfeitas, pero que se foron a parar ás contas da Federación", engade Fiscalía que pide unha condena de tres anos e seis meses de prisión para cada un.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Alias "Chuletón", polo seu Asador "Martin Fierro", tamén foi acusado de desviar fondos cando presidía a Cámara de Comercio ourensá. Baltar enchufoulle un fillo na mesma oposición que colocou a Ana Belén Vázquez Blanco, hoxe deputada televisiva, ou a filla do alcalde de Celanova. Alí non traballaban, pasaron da nada a funcionarios da Deputación, polo que supoñer filtración dos exames non é esaxerar (Baltar foi condenado por estas prácticas).
Ovidio Fernández Ojea, expresidente da Federación de Hostalaría de Ourense / Arquivo