O proxecto de Altri afectará a catro especies botánicas, dúas delas en perigo crítico en Galicia

Datos colleitados polo grupo de investigación de análise e conservación da biodiversidade da USC amosan a presenza de 4 especies botánicas ameazadas, tres delas endemismos estritos, no territorio que pretende ocupar Altri-Greefiber.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/10/2024

ADEGA vén de ter acceso aos datos colleitados polo grupo de investigación de análise e conservación da biodiversidade da USC, que demostran a presenza no territorio que pretende ocupar o complexo industrial de ALTRI-Greefiber de 4 especies botánicas ameazadas, tres delas endemismos estritos.
 
A organización ecoloxista di que esta información, froito dun mapeo e prospección sistemática do extremo sudeste do afloramento de rochas ultrabásicas do centro de Galicia, pero suliña que "non completa, xa que non se puido acceder á finca de Quintas". Nesta zona é onde se pretende implantar a industria de fibra de celulosa e as súas infraestructuras asociadas, reflicte a presenza dos seguintes taxóns botánicos:
 
Os endemismos estritos Armeria merinoi Nieto Feliner & Silva Pando e Santolina melidensis R.Oubiña & S.Ortiz, ambos en perigo crítico; así como do Leucanthemum gallaecicum R.Oubiña & S.Ortiz, en perigo; e a vulnerábel Centaurea gallaecica (M.Laínz) Arnelas & Devesa, atendendo á "Lista Roja de la Flora Vascular de España" (Moreno, 2008; Bañares et al., 2004), e o CGEA (Catálogo Galego de Especies Ameazadas).
 
ADEGA destaca que "resulta incuestionábel  que o proxecto de Altir elimiminará unha parte significativa da área máis relevante para a flora ameazada e protexida do afloramento serpentinítico". Destruirá, di, de forma directa, diversos núcleos das catro especies endémicas descritas, así como varios hábitats de interese prioritario para a UE. O proxecto ocuparía 360 hectáreas nas que cando menos en 101 (aprox. 1/3) estarían presentes algunhas destas especies.
 
MEDIDAS DA EMPRESA
 
Dende ADEGA sublIÑAN que a proposta de translocar estes taxóns endémicos insinuada pola empresa na documentación do proxecto, ou de construir ex situ un hábitat equivalente ao eliminado, está moi cuestionada pola comunidade científica, alén de que a conservación in situ está consagrada como un dos principios da Directiva 92/43/CEE e expresamente desenvolvida no Capítulo I da Ley 42/2007 do Patrimonio natural e da biodiversidade. "Ademais, á vista da importante afección territorial das instalacións de Altri sobre a área de presenza destas especies ameazadas, constatada polos botánicos da USC, resultaría imposíbel reubicar estas poboacións", engade.
 
A este respecto, as investigadoras do grupo de análise e conservación da biodiversidade da USC sinalan que "non é viable calquera proposta compensatoria ou paliativa de translocación destas especies vexetais desde a zona afectada a localizacións onde o solo non presente esta estrutura, pois que o solo sexa derivado de rochas ultrabásicas non é condición suficiente para lograr un asentamento perdurable destas especies. Se o solo non reúne a estrutura necesaria, as especies de interese son desprazadas por outras máis competitivas, polo que a medida sería un fracaso".
 
Ante este novo estudo, ADEGA esixe á Dirección Xeral de Patrimonio Natural que emita un informe desfavorábel sobre o "proxecto Gama" e á conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez que desbote definitivamente o proxecto.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Presenza de especies protexidas no lugar onde se pretende construír o complexo de Altri -Greenfiber en Palas de Rei / ADEGA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.