A galega Carmela Silva, líder da Deputación de Pontevedra ata 2023, nova presidenta da Comisión de Orzamentos do Senado

Sucede no cargo a Ximo Puig.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/10/2024

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, foi elixida este martes como nova presidenta da Comisión de Orzamentos do Senado, sucedendo así a Ximo Puig. A senadora por Pontevedra sitúase á fronte da devandita comisión despois de que o valenciano fose nomeado recentemente embaixador de España ante a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). A que foi presidenta da Deputación de Pontevedra entre 2011 e 2023, ostentou o cargo de portavoz do grupo socialista no Senado e de deputada no Congreso en distintas lexislaturas. Na actualidade, é tamén primeira tenente de alcalde no Concello de Vigo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

A trepa segue acumulando complementos salarias... Presidir a Comisión de Orzamentos do Senado parece un cargo baleiro. Se o Goberno non presentará orzamentos a Comisión non terá traballo algún, pero a presidenta cobrará igualmente os seus emolumentos por unha presidencia de figurín... Que tal se cumpren coa lei de costas e abren Toralla ao mundo en lugar de seguir vivindo no seu paraíso privado...? Reconquistemos Toralla https://www.vigoe.es/vigo/local/el-...

1 resposta
1

Por Gamela: A Primeira Tenente Alcalde de Vigo (Carmela Silva) saltándose a lei de costas e frente por frente da illa de Toralla, ten á venta varias vivendas protexidas (Abel Caballero) pero aquí "protexidas" quere dicir que moi poucos van ter opción a elas... 3.150.000 € Esto antes de aprobar o PXOM e fóra da lei de costas e legalizada entre a Concelleira de Urbanismo (Caride) e a Conselleira de Medio Ambiente (Anxeles Vázquez) Deus a dá e elas se xuntan... https://grupoviqueira.com/inmuebles... O máis raro é o silencio da prensa nestes negocios... semella que todos cobran por calar a boca e tirar para diante...


Carmela Silva no Senado / PSDEG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.