Segue a busca da menor de 14 anos desaparecida desde o martes na zona da Costa da Morte

Os traballos de investigación e de toma de declaración continúan, aínda que, polo momento, sen que puidese ser localizada

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2024

A investigación e procura da menor de 14 anos de Ordes cuxa familia denunciou o martes a súa desaparición continúa en marcha, aínda que polo momento non foi localizada, segundo fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press.

O operativo de procura (no que tamén se recorreu á geolocalización do seu teléfono móbil) estivo na pasada xornada centrado en Fisterra (desde onde a menor tivo comunicación cunha amiga) e hai constancia, segundo as fontes consultadas, de que se puido desprazar a un municipio próximo da Costa da Morte.

Sería nese punto no que se lle perdeu a pista. Os traballos de investigación e de toma de declaración continúan, aínda que, polo momento, sen que puidese ser localizada.

As patrullas e distintas institucións difundiron a fotografía da nova, entre outras o Concello de Cee, que no seu perfil de Instagram colgou unha imaxe da menor, que acompaña cunha apelación a calquera persoa que poida vela a contactar coa Garda Civil.

"Adriana, de 14 anos, é orixinal de Ordes, pero as últimas pescudas apuntan a que chegou a esta zona (Cee-Corcubión-Fisterra) en autobús desde Santiago", recolle a mensaxe difundida na pasada xornada polo Concello.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Imaxe de Adriana, a menor de Ordes desaparecida, difundida polo Concello de Cee.. CONCELLO DE CEE / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.