Por E.P. | LUGO | 01/11/2024
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este venres desde Monterroso, coincidindo coa Feira de Santos, a posta en marcha do Plan Ulloa-Ulla-Arousa, para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico das comarcas afectadas pola "bomba ambiental" de Altri.
Pontón, cuxas primeiras palabras foron de recordo ás vítimas da DANA e para pedir "unidade" fronte a esta catástrofe, destacou a "inmensa riqueza" dos produtos locais e de proximidade en "unha das comarcas agrogandeira e leiteira máis rica e produtiva de toda Galicia", como é a comarca de Arzúa-Ulloa.
Esta comarca, criticou, "atópase ameazada pola construción dunha macrocelulosa que non só afectaría de forma negativa a esta comarca", se non "tamén ao río Ulla que desemboca na Ría de Arousa, da que viven 4.000 familias".A líder nacionalista considera un "disparate" que o goberno do PP queira "regalarlle 250 millóns de euros" a Altri "para arrasar co medio de vida da xente do rural, contaminando e destruíndo miles de empregos".
Neste sentido, Ana Pontón avanzou que o BNG vai propor que "os orzamentos de 2025 recollan unha partida de 30 millóns de euros para apoiar a comarca de Arzúa-Ulloa e para blindar a súa actividade produtiva fronte a bomba ambiental de Altri". A medio prazo, a proposta do BNG pasa por implantar o Plan Ulloa-Ulla-Arousa, como un plan sustentable e alternativo, para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico das comarcas con tres eixos de actuación.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Ana Pontón fala cos medios en Monterroso.. BNG / Europa Press