Unha web adaptada a móbiles xa non chega, cómpre promocionala en múltiples canais

Analizamos algunhas das tendencias claves para o marketing dixital neste novo ano. Anglicismos como responsive web design ou ecommerce cross-chanel deben figuran no diccionario de calquera novo emprendedor dixital.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 02/02/2016

Case o 60% das máis de 12.000 páxinas que serve a diario Galicia Confidencial son consultadas dende trebellos móbiles; é dicir, teléfonos ou ‘táblets’. Esta dato é so un exemplo de que a revolución móbil está plenamente consolidada no mercado da Internet no país. 
 
Ademais, como sinalan expertos como os da Agencia de Marketing Antevenio, o uso das redes sociais -elemento imprescindíbel hoxe en calquera campaña de mercadotecnia- está cada vez máis ligado ao móbil.  Por iso, aqueles que busquen lograr unha posición destacada nos buscadores  e aumentar o tráfico das súas sedes en liña deben asegurarse que as súas webs son ‘responsive’, anglicismo que denomina as páxinas que cambian a súa configuración en función do aparato que está a usar o lector. Consulten este diario, por exemplo, nun PC e nun móbil e verán como o deseño cambia para facerse máis amigábel a nosa pantalla. 
 
Cómpre lembrar tamén que dende 2015 o Google prima nos seus resultados a aqueles que sirvan portais adaptados a móbiles. O xigante dos buscadores publica en liña unha útil guía para comprobar se o noso sitio se adapta aos seus requerimentos para estes aparatos, o que denomina 'responsive web design basics'.
 
Outra das tendencias en marketing digital para 2016 é o chamado ‘ecommerce cross-chanel’, expresión que poderiamos traducir ao galego como comercio electrónico potenciado con diferentes soporte. Soa moi complexo, pero non é máis que a coordinación de todas as diferentes ferramentas dixitais nunha única estratexia de promoción.
 
Poñamos o caso dunha academia de formación audiovisual galega que busca captar novos alumnos. Non lle abondará con lanzar unha campaña de anuncios nas redes sociais, aínda que hoxe por hoxe é unha vía moi útil para lograr impacto en públicos moi específicos. Por exemplo, no caso deste centro de formación, contratariamos anuncios para mozos galegos que citen entre as súas afeccións no seu perfil de Facebook o cine ou as series.
 
Sería recomendábel tamén que investise tamén unha parte do seu orzamento por exemplo contratar o envío de SMS promocionais a antigos alumnos, explotar ferramentas de envío de correo electrónico como Mail Chimp,  contratar anuncios en publicacións que falen do audiovisual en Galicia, etc. Noutras palabras, non centrar a promoción nunha soa vía, pois o público é cada vez heteroxéneo no seus hábitos de consumo de ocio e información.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Iago Martínez de Mallando no Android fedellando no móbil

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.