A EOI galardoada nos Premios de Mellores Prácticas de Xestión de Fondos Europeos

'Rías Baixas, Destino Intelixente Smart Destination' pretende implantar cambios no concepto tradicional de turismo, abrindo o sector a novos segmentos e oportunidades, desestacionalizando a oferta e buscando unha maior eficiencia.

Por GC Emprende | Pontevedra | 09/02/2016

A Escola de Organización Industrial (EOI) foi galardoada co segundo Premio de Mellores Prácticas de Xestión de Fondos Europeos, en recoñecemento á iniciativa 'Rías Baixas, Destino Intelixente Smart Destination', desenvolvida xunto coa Deputación de Pontevedra con cofinanciación de fondos FEDER europeos. Nesta ocasión, o primeiro premio foi para o proxecto presentado polo municipio grancanario de Santa Lucía.

O obxectivo último da iniciativa é converter a provincia de Pontevedra nun dos primeiros destinos intelixentes en España, que fidelice ao turista actual e capte outros novos, grazas á prestación de máis e mellores servizos por parte das empresas do sector turístico da provincia. Así mesmo, búscase cambiar a forma en que se xestionan e mostran os recursos turísticos desta provincia, co uso do TIC, por exemplo, coa implantación dunha plataforma web.

Desta forma o proxecto premiado, 'Rías Baixas, Destino Intelixente Smart Destination', pretende implantar cambios no concepto tradicional de turismo, abrindo o sector a novos segmentos e oportunidades, desestacionalizando a oferta e buscando unha maior eficiencia.

Para Miguel Sánchez Galindo, director de Innovación, Emprendedores e Pemes da Escola de Organización Industrial, este galardón 'é un premio como unha boa práctica nacional pola incorporación e a involucración das pemes no deseño dos programas e na execución dos mesmos, que é un dos principais obxectivos da Comisión Europea para xerar emprego e riqueza económica".

"O premio é un recoñecemento a todo o traballo que realiza EOI e todo o seu equipo durante estes anos, que supuxo a execución de 70 millóns de euros en programas de innovación para pemes", indicou. Este investimento, asegurou, "supuxo, nos dous últimos anos, o apoio a máis de 10.000 pequenas e medianas empresas e este é un exemplo dos máis de 150 proxectos que fixemos por toda a xeografía nacional".
 
Fundada en 1955, a Escola de Organización Industrial (EOI) é a escola de negocios decana en España e unha das máis antigas de Europa. Vinculada ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, máis de 70.000 antigos alumnos pasaron polas súas aulas nos seus 60 anos de historia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

SiHomeSi

Orgullo por unha institución madrileña gañar premios internacionais á custa do diñeiro público galego? A noticia sería de orgullo lexítimo se unha institución galega gañase premios pola promoción do turismo madrileño à custa do diñeiro público da Comunidade de Madrid.


Batea das rías baixas

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.