Riscos e avantaxas de investir no Forex

O Mercado Internacional de Divisas é coñecido internacionalmente polo acrónimo Forex, de Foreign Exchange (Troco de Moedas Estranxeiras). O Forex atrae a un perfil de investidor capaz de comprender os elevados riscos deste mercado; capaz de asumilos a cambio da promesa dunha alta rendibilidade.

Por GC Emprende | | 09/02/2016

Este mercado é o apropiado para realizar investimentos rápidos e tamén potencialmente moi beneficiosos. Iso si, é imprescindíbel ter sempre clara unha das regras básicas de calquera investimento: non hai beneficio potencial elevado, sen un risco tamén elevado.
 
Do que se trata neste mercado é de sacar proveito as oscilacións do valor das diferentes divisas.  Por exemplo, o euro encareceuse no que levamos de día máis dun 2,7% fronte ao rubro cun cambio de 85,6543 por euro.
 
En teoría, a relación de valor entre dúas moedas debería depender sobre todo da relación entre os fluxos comerciais entre dous estados. Neste caso, estarían moi condicionadas polas sancións bilaterais ao fío do conflito ucraíno, sancións que se especula poden levantarse nos vindeiros meses.
 
Agora ben, o Forex -aproveitando o seu carácter descentralizado e as novas tecnoloxías- medrou tanto nos últimos anos, até mover máis de 5 billóns de dólares ao día de transaccións, que arestora eses fluxos non inciden tanto nas cotizacións. Polo contrario, é o movemento de activos financeiros (accións, etc.) o que determina en boa medida o comportamento deste mercado virtual.
 
Para investir no Forex cada vez existen máis ferramentas en liña. Agora ben, antes de lanzarse a operar nelas é recomendábel realizar algúns dos cursos de formación para comprender como funcionan estes mercados, cursos que a miúdo tamén están dispoñíbeis nas propias  plataformas. 
 
Asumido os riscos e recibida a formación, as oportunidades están aí, especialmente nestes tempos de cambios xeopolíticos internacionais complexos.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Investidores nunha sala de mercado operando a través de Internet / CC BY 2.0 Wikipedia ChrisiPK

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.