Acordo entre a Xunta e os concellos galegos para "desbloquear" as reversións de terreos portuarios sen uso aos municipios

O ano pasado, nunha comparecencia parlamentaria, o presidente de Portos cifrou en preto de 30 os municipios interesados nestes procesos de desafección.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, mantiveron un encontro no que acordaron colaborar para "axilizar" e "desbloquear" as reversións de terreos portuarios sen uso a concellos. En declaracións tras un encontro en Santiago, no que tamén participou o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, o responsable da Fegamp lembrou que hai solicitudes de diferentes municipios para estas desafectacións, de forma que se trata de "avanzar" porque "isto leva tempo".

Tras agradecer Varela que o conselleiro "non vai poder sacarse nunca a chaqueta de alcalde", o que ve "moi positivo", apuntou que se vai a solicitar a opinión das corporacións nas que houbo variación de alcaldías para saber se hai "algún tipo de cambio" ou se se continúa con esa vontade. Respecto diso, dado o seu pasado de 16 anos como rexedor de Cervo, Villares dixo que é "totalmente coñecedor dos intereses dos alcaldes", polo que remarca que están "a traballar" para estas desafectacións. Así, poranse en contacto cos municipios para "levar adiante xa definitivamente" estas actuacións.

O ano pasado, nunha comparecencia parlamentaria, o presidente de Portos cifrou en preto de 30 os municipios interesados nestes procesos de desafección. A comezos deste mes de novembro de 2024, o propio José Antonio Álvarez avanzou que se incluirán terreos do porto de Foz na primeira fase da proposta de reversión de chans declarados innecesarios. Cuestionado sobre este extremo, o conselleiro do Mar explicou Foz "está moi interesado" e "será tamén dos primeiros en levar adiante esa desafectación", "pero van ir todos os que queiran levar adiante esta desafectación".

PROCESO

O propio conselleiro do Mar debullou como se debe efectuar este proceso que leva o seu tempo. Nun primeiro momento, debe haber un documento aprobado polo Consello Reitor de Portos de Galicia, tras o cal ten que ir ao Consello da Xunta, que posteriormente o remite ao Estado. Así, será o Ministerio para a Transición Ecolóxica o encargado de "aprobar definitivamente esta desafectación dos terreos". "E despois, cada corporación municipal, cada concello, xa tería que porse en contacto co Estado para facerse cargo destes terreos desafectados por parte de Portos", explica Alfonso Villares.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Reunión do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, co presidente da Fegamp, Alberto Varela / XUNTA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.