Por Europa Press / Redacción | MADRID | 05/12/2024
A Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE), da que forman parte as asociacións provinciais de Galicia, rexeitou este xoves a medida anunciada polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de non convocar roldas de prensa para dar conta das decisións do equipo de goberno e as cuestións que incumben á cidadanía. "Sen xornalismo non hai democracia", alertou.
Nun comunicado, a Federación considera que a proposta de transmitir a información municipal a través da súa propia canle persoal de Youtube e da súa canle de televisión local é "intolerable e anticonstitucional".
Segundo argumentou, as democracias baséanse "na aceptación común dunhas regras lexislativas, nas que o dereito á Información, artigo 20 da Constitución, ampara o traballo dos xornalistas". A FAPE cre que o alcalde "deixa de seguir" as ditas regras. "Ningunha persoa, e un cargo político menos, está facultada para impedir o libre exercicio dunha profesión que está na base do bo funcionamento democrático", engadiu.
"Esperamos que decisións como a do alcalde de Ourense reciban a censura que se merece do conxunto da profesión e, por extensión, da sociedade; e que se proceda a restituír no ámbito municipal o dereito dos xornalistas a exercer a súa función de transmisión da verdade", resolveu.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A ver se consiguen que Abel Caballero acepte preguntas nas súas comparencias enlatadas ? En canto á canle "privada" en Vigo cáchase TeleVigo e reproduce 3 e 4 veces por semana un programa en exclusiva co alcalde de máis dunha hora... Nunca soubemos quen paga tanto celo profesional...? Jácome copiando o Despotismo de Caballero !
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press