Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/12/2024
O municipio ourensán de Ribadavia venceu o certame 'Xuntos Brillamos Máis' que cada ano convoca Ferrero Rocher, polo que a marca iluminará o pobo o vindeiro mércores, 18 de decembro. Así o publicou este luns a web do concurso, despois de que a semana pasada se anunciase que Ribadavia chegara á fase final xunto con Biar, na provincia de Alacante.
A localidade galega impúxose nunha votación popular que permaneceu aberta ata o domingo. Así, Ribadavia acenderá o mércores da próxima semana a iluminación a cargo de Ferrero Rocher. O ano pasado, o concello de Celanova, tamén ourensán, coouse na final do certame. Con todo, alzouse como vencedor La Alberca (Salamanca).
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Decoración de Ribadavia para o concurso Ferrero Rocher de Nadal 2025 / YouTube
Decoración de Ribadavia para o concurso Ferrero Rocher de Nadal 2025 / YouTube
Decoración de Ribadavia para o concurso Ferrero Rocher de Nadal 2025 / YouTube