Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/12/2024
Instagram desbanca a Facebook como rede social (RRSS) máis popular en Galicia. Pasa dun 31,9% de usuarios ao 33,2% nun ano, mentres que a rede de Zuckerberg baixa case catro puntos, do 33,8% ao 30,1% entre 2023 e 2024. Unha situación que tamén se repite no conxunto do Estado e en Europa, onde Instagram e TikTok son as redes máis usadas polas novas xeracións.
De feito, no caso galego TikTok experimenta unha forte suba, ao pasar dun 15,4% a un 17%. Pola contra, caen Youtube, dun 26,5% a un 23,5% e a rede X (antiga Twitter), do 12% ao 10,9%. De feito, esta rede social, agora propiedade do magnate Elon Musck, agora aliado político do populista Donald Trump, está a sufrir unha forte perda de usuarios nos últimos meses debido, principalmente, ás graves desinformacións que circulan nesta rede.
Medios como The Guardian, La Vanguardia ou Galicia Confidencial, ou entidades como a Universidade de Santiago de Compostela, decidiron abandonar esta plataforma por este motivo. Con todo, partidos da esquerda e nacionalistas, moi críticos cos populismos e a ultradereita, seguen utilizando esta rede como medio habitual nas súas mensaxes políticas.
Outras redes que se manteñen en Galicia, aínda que moi lonxe das anteriores, son Pinterest e Twitch con 3,2% e 2,6%% de usuarios, mentres que Likdedin sobe ao 3,8% e Sanpchat baixa do 1,2% ao 0,4%.
Son cifras recollidas no informe rexional desenvolvido por AVANT baseado nos datos da 3ª onda do Estudo Xeral de Medios (EGM) 2024 no que se recolle que Internet volve situarse como terceiro medio máis consumido. A TV Online segue dominando entre os medios dixitais e crece en penetración (64%). A continuación, sitúanse os sites de contidos (50%), as Redes Sociais (49,8%) e o Audio Online (42,2%). Este último medio dixital é o que máis crece, incrementa a súa audiencia en máis dun 8,2%.
ESPAÑA
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Tanto Facebook coma Instrgram pertencen ao conglomerado META e polo tanto están na man de Mark Zuckerberg (o maior vendedor de datos privados do mundo!) Recolle tódolos datos privados e fai o que lle peta con eles, e todo o mundo parece encantado de regalar a súa privacidade ao "xudeo" de Harvard ! Sobre a permanencia dos políticos de esquerdas na Rede X podemos dicir que "polo pan baila o can" o que sí temos que agradecer ao "facha" de Elon Musk é que agora aínda que esteas bloqueado por calquera político poderás ler os seus post (aínda que non poderás interactuar con eles) Todo un avance democrático que seguramente non lles vai facer gracia aos sectarios que bloquean disidentes ! As estatisticas non recollen a importante suba da Rede Cabozo en Galicia (100%) pasou de ter 1 seguidor a ter 2 seguidores ! Bo Nadal !
Redes sociais / Arquivo