Paralizan 270 toneladas de productos caducados e en mal estado que se tentaban comercializar de novo

Moitos producto foron dados de baixa para o consumo humano por un accidente de tráfico que comprometeu a cadea de frío.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/12/2024

A Unidade de Protección da Natureza (Uprona) da Garda Civil de Pontevedra interveu un total de 270 toneladas de produtos do mar conxelados e identificou a 13 persoas investigadas por presuntos delitos de estafa, falsidade documental e contra a saúde pública.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación comezou en febreiro tras unha denuncia interposta polos servizos xurídicos dunha cadea de supermercados na que alertou sobre a reintroducción no mercado de produtos do mar conxelados que foron dados de baixa para o consumo humano por un accidente de tráfico que comprometeu a cadea de frío.

Os axentes localizaron a mercadoría subtraída, que pertencía á cadea de supermercados, por parte da empresa loxística entre Madrid e Pontevedra. Desta forma, coa colaboración de inspectores de riscos ambientais do Sergas inmobilizaron partidas de peixe, marisco e cefalópodos, e identificaron outras irregularidades en produtos que non estaban relacionados coa denuncia inicial.

Durante a investigación decatáronse que moitos dos lotes intervidos fosen manipulados para modificar a súa rastrexabilidade e ser reintroducidos na cadea de consumo a pesar de perder os seus requirimentos sanitarios. Nas instalacións da empresa loxística denunciada atoparon mercadoría sen rastrexabilidade, con datas de consumo preferente caducadas e procedentes de sinistros declarados a diferentes compañías aseguradoras.

FALSIFICACIÓNS

Ademais, realizaron inspeccións coordinadas cos Servizos de Salúd Pública de Galicia e da Generalitat Valenciana, resultando a inmovilización cautelar de 128 toneladas adicionais de produtos conxelados, que presentaban etiquetaxe falsificada, mala conservación e falta de declaración de alérgenos.

Os axentes entraron e rexistraron un establecemento elaborador en Valencia, onde incautaron 120 toneladas de produtos conxelados e recolleron documentación que lles permitiu avanzar na investigación. A AESAN decretou tres alertas sanitarias relacionadas coa falta de rastrexabilidade e reetiquetado incorrecto en produtos como lagostinos, así como a presenza de sulfitos non declarados e a comercialización de produtos sufriran unha ruptura da cadea de frío.

A investigación continúa aberta, e a Garda Civil realiza accións para garantir a seguridade alimentaria e protexer ao consumidor final, dado o risco que representa a comercialización destes produtos en establecementos de España, Alemaña e Holanda.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Intervidas 270 toneladas de produtos do mar conxelados. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.