Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2025
Un mozo de 18 anos faleceu tras ser atropelado por un autobús en Touro, uns feitos que se produciron ao redor das 07.20 horas deste mércores, segundo informa o servizo de emerxencias 112. Un particular alertou do accidente, ocorrido na rúa de Castelao. Ao ter constancia do mesmo, os servizos de emerxencias avisaron a Urxencias Sanitarias 061.
Tamén á Garda Civil de Tráfico e ao Grupo de Voluntariado de Protección Civil de Touro. Os servizos de emerxencia desprazados ao lugar confirmaron o falecemento da vítima, sen poder facer nada por salvarlle a vida. Desde Protección Civil, confirmaron a Europa Press que se trata dun mozo de 18 anos e que os feitos se produciron na zona onde hai unha discoteca á que numerosas persoas acudiron a celebrar o Ano Novo. O atropelo, precisaron tamén, ocorreu preto dun paso de peóns e nas inmediacións da discoteca, onde se celebrou unha festa de Fin de Ano.
Á súa vez, desde Protección Civil de Oroso, de onde era o mozo, confirmaron que facía pouco que se sacou o curso para formar parte da agrupación, pero que aínda estaba á espera de realizar unha actividade. Con mensaxes de condolencia desde diferentes ámbitos, e a declaración dun día de loito oficial no municipio, tamén se convocou a partir do mediodía un minuto de silencio ante o consistorio. Todo iso mentres se está á espera de concretar as causas e as circunstancias do sinistro.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Discoteca Dona Dana en Touro / Páxinas Galegas - Aquivo