Atopan a unha muller e o seu gato e can mortos tras queimarse unha vivenda en Oleiros

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/01/2025

Unha muller faleceu nunha vivenda de Oleiros na que se rexistrou un incendio, segundo informa o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento no seu último parte.

Ao lugar, na rúa do Xuncal, trasladáronse esta tarde os bombeiros do parque provincial de Arteixo que participaron nos labores de extinción do lume.

O suceso, explican desde o Consorcio, produciuse por motivos que aínda se descoñecen. No operativo, participou tamén o Servizo Municipal de Emerxencias e Urxencias Sanitarias 061.

En relación a estes feitos, no seu parte de incidencias, o 112 precisa que a morte puido deberse á inhalación de gases, de acordo cos datos facilitados polos medios desprazados ao lugar tras unha primeira chamada vinte minutos antes das 17.00 horas.

Os servizos de emerxencia lograron extinguir o incendio e indicaron que un moble da entrada atopábase en chamas e que o piso resultou afectado pola temperatura e os gases do incendio. Ademais atoparon dous animais mortos, un gato e un can.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ambulancia pintada tras os primeiros días de folga / Cedida

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.