Cres que hai que censurar esta viñeta da guerra de Israel en Gaza?

Unha rede social acaba de censurala ao considerar que, por publicala, Galicia Confidencial "ameaza ou acosa a outras persoas".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/01/2025

"Parece que ameazas ou acosas a outras persoas, ou que publicaches contido ou mensaxes cuxo obxectivo era avergoñalas ou faltarlles ao respecto". Esta é a explicación dada por Meta, o xigante tecnolóxico dono de Facebook e Instagram e propiedade de Mark Zuckerberg para censurar esta viñeta do noso ilustrador Juan López Rico.

En xullo deste ano, a empresa de xestión de contido web, anunciaba que eliminaría das súas plataformas aquelas publicacións que etiqueten aos xudeus como "sionistas" e os apunten para facerlles dano.

"Agora eliminaremos o contido que apunta aos 'sionistas' con comparacións deshumanizantes, chamamentos ao dano ou negacións de existencia sobre a base de que 'sionista' neses casos a miúdo parece ser un substituto do pobo xudeu ou israelí", xusticaba esta multinacional.
 
Esta nova política de control das publicacións nestas redes que supón un apoio expreso desta plataforma ao Estado de Israel, pero non fai o mesmo coas atrocidades que se cometen co pobo palestino ou coas críticas e insultos ao mundo árabe. En todo caso, esta viñeta non ten contido escrito explícito e non ten intención de "avergoñar" ou "faltarlle o respecto" a ninguén, senón amosar a triste realidade que acontece a cotío en Palestina.
 
Tras a publicación desta viñeta, Juan López Rico comentou que comezou a ser utilizada por amigos palestinos como "tarxeta de Nadal" de denuncia e distribuída por mensaxería e redes socias tamén en Palestina. "É unha dos traballos dos que máis orgulloso me sinto", asegura o ilustrador e xornalista en declaracións a Galicia Confidencial.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

ixtlan

A ideoloxía de Meta é clara e os últimos movementos do seu dono tamén. Prestarlles excesiva atención ás redes acaba nestas cousas. Agora, con IA teñen tódolos recursos do mundo para detectar e censurar todo o que non queren que exista.


A viñeta de López - Regalos de Nadal

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.