Mondariz-Balneario recibe a 200 refuxiados procedentes de Canarias

Os refuxiados de Mali que acollía xa foron recolocados en Allariz e Bueu.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 09/01/2025

O municipio de Mondariz-Balneario acordou acoller a uns 200 refuxiados procedentes de Canarias tras a recolocación en Allariz e Bueu dos migrantes procedentes de Mali. Así llo confirmou a Europa Press o alcalde da localidade pontevedresa, César Gil, que explicou que a recolocación dos dous centenares de refuxiados malianos depende a ONG Accem, que se facía cargo da súa atención.

Segundo sinalou, tras recibir a autorización estatal para unha prórroga do procedemento, a ONG decidiu trasladalos a outros centros cos que traballan noutros puntos da xeografía galega e española, concretamente en Allariz e Bueu, e en Asturias. Concretamente, segundo datos facilitados pola propia ONG a Europa Press, son 60 os refuxiados trasladados a Allariz e 106 a Bueu, onde traballarán nun programa para a súa inserción laboral.

Coa saída destes migrantes e as prazas do centro de Mondariz-Balneario libres, o Concello decidiu colaborar coa ONG Rescate para acoller a máis refuxiados, neste caso, procedentes directamente de Canarias. Tal e como confirmou o rexedor municipal, a cifra total roldará os 200 refuxiados, que xa empezaron a chegar ao municipio.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Refuxiados da guerra de Mali, á súa chegada ao Monte do Gozo, a 30 de xullo de 2024, en Santiago de Compostela / César Arxina - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.