Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2025
A Policía Nacional detivo a dúas persoas supostamente involucradas nunha pelexa entre dous clans en Ribeira, o pasado mes de setembro, na que resultaron feridos un Policía Local e outro home.
Así o confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras do suceso, que se produciu, en setembro, no barrio de Deán despois de que unha muller presentase unha denuncia por ser retida en Vilagarcía de Arousa. O suceso levou a que este xoves axentes da Policía Nacional detivese a dúas persoas involucradas na liorta.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Coches da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL / Europa Press