Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2025
A Deputación de Pontevedra presentou este martes a campaña de promoción turística que levará a Fitur 2025 o próximo 23 de xaneiro coa lema 'Cando volves?', para difundir os atractivos que ofrece o interior da provincia. Unha cinta que deixa de
Coa campaña promocional que se exhibirá na Feira Internacional de Turismo de Madrid, "había que deixar claro que nas Rías Baixas había máis que costa", segundo explicou a deputada de Turismo, Nava Castro. "Somos recoñecidos polo litoral, e o interior chama a atención e ten moito que ofrecer", engadiu.
O interior "non está teatralizado". "Estamos nun destino natural sen ningún tipo de maquillaxe", destacou Nava Castro en referencia ás vacas, ovellas, xabaríns ou lobos que habitan estas paraxes da provincia que "son menos coñecidos, polo que hai máis posibilidade de sorprender ao visitante". "Cando vés a Galicia estás como na túa casa e a xente cando marcha xa quere volver, xa ten morriña", reafirmou Castro.
Unha vintena de localidades de municipios como Rodeiro, Vila de Cruces, Ponteareas, Caldas de Reis, Cuntis, A Cañiza saen reflectidos nos vídeos elaborados por Esmerarte con música de Margarida Mariño, nunha "aposta polo verde", pola natureza, a "desconexión total" para "atopar a esencia interior".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Camelia do Xardín de Camelias Figo de Areeiro/ Observer Science