Atopan afogado no río Deza ao mozo de 18 anos desaparecido en Silleda o domingo

Apareceu nunha canle do Deza, augas abaixo da ponte de Taboada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2025

Efectivos da Garda Civil localizaron este martes no río Deza o cadáver, aparentemente sen signos de violencia, do mozo Alex W., de 18 anos de idade, cuxa desaparición foi denunciada pola súa familia en Silleda o pasado domingo.

O mozo foise da súa casa, na aldea de Carballeda, e foi visto por última vez á primeira hora do pasado domingo. Horas despois a súa familia denunciaba a desaparición e púñase en marcha un dispositivo de procura. Nese dispositivo, tanto o domingo como o luns e este martes, participaron efectivos de Garda Civil, Protección Civil, o equipo canino da Estrada, o equipo de drones da Axencia Galega de Emerxencias e numerosos veciños voluntarios.

Finalmente, foron os mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil os que localizaron o corpo sen vida do rapaz, na canle do río Deza, augas abaixo do coñecida como ponte de Taboada, sobre as 15,30 horas deste martes. A falta de que se conclúan os labores de rescate e de que se realice a autopsia, todo apunta a que non hai incidios de criminalidade.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O mozo de 18 anos Alex Wang, desaparecido en Silleda / Concello de Silleda

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.