O BNG urxe ao Goberno que cumpra o acordado e impulse o by-pass de Betanzos

Rego lembra que o acordo de investidura con entre BNG e PSOE incluía o compromiso de levar a cabo esta infraestrutura en Infesta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2025

O BNG reclamou ao Goberno do Estado máis compromiso para acelerar e impulsar a construción do by-pass de Infesta, en Betanzos, como infraestrutura imprescindible e estratéxica para a mellora e modernización da liña ferroviaria entre A Coruña e Ferrol.

A formación nacionalista considera que esta actuación, recollida no Acordo de Investidura entre o BNG e o PSOE, necesita unha maior implicación do executivo estatal, sobre todo da carteira de Transportes, para minimizar o impacto sobre os veciños co novo trazado e facilitar a implantación do servizo de proximidade ferroviaria en Galicia.

Diso informou o BNG nun comunicado, no que detalla que o deputado no Congreso Néstor Rego realizou unha visita á estación de Betanzos Infesta acompañado polas portavoces do BNG nos concellos de Betanzos e Coirós, Amelia Sánchez e Pura Ferreño, o responsable comarcal da organización e portavoz en Miño, Alberte G. Nicolás, entre outros.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Ferroviario

Sería o único xeito de non deixar morrer a liña Coruña - Ferrol.


O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego realizou unha visita á estación de Betanzos Infesta acompañado polas portavoces do BNG nos concellos de Betanzos e Coirós, Amelia Sánchez e Pura Ferreño, entre outros cargos / BNG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.