Renfe pon en marcha a partir deste venres dous novos servizos de Avlo no corredor Galicia-Madrid

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2025

Renfe incorpora a partir deste venres dous novos servizos de Avlo con trens S106, con 581 prazas por convoi, para substituír dous Alvia na conexión entre Vigo e Madrid. Segundo informou a compañía nun comunicado, a posta en marcha destes servizos supón unha mellora na oferta comercial de Renfe, con trens con máis do dobre de prazas que os Alvia e con mellores prestacións.

Ademais, incidiu en que supón que máis viaxeiros teñan posibilidade de acceder a este servizo de baixo custo da compañía que parará en todas as estacións de alta velocidade do percorrido.

Así, tras finalizar a campaña do Nadal e pór en circulación dúas Avlo diarios entre Vigo e Madrid e outros dous entre A Coruña e Chamartín, o Avlo que en días alternos comunica Madrid con Vigo e A Coruña deixará de prestar servizo para adaptar a oferta á demanda en época invernal.

O Alvia Madrid-Vigo será substituído por un Avlo diario con saída da capital ás 17.08 horas --antes ás 16.00 horas-- e chegada a Vigo ás 21.37 horas, con parada en todas as estacións intermedias. Pola súa banda, o Alvia Vigo-Madrid substitúese por un servizo Avlo S106 diario con saída de Vigo ás 05.59 horas --antes ás 06.45 horas-- e chegada a Madrid ás 10.34 horas, con parada en todas as estacións intermedias.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Ferroviario

Os AVLO son iguais que os AVE so que mais asentos, algo diferentes, e outro diseño.


Arquivo - Servizo ferroviario de Renfe AVLO. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.