Anova pide a dimisión do conselleiro López Campos pola situación "dramática" do galego

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2025

A formación Anova criticou a "incompetencia" do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, ante a "situación dramática" do galego e esixiu a dimisión do representante autonómico.

O portavoz da organización, Martiño Noriega, chamou á cidadanía a participar na manifestación conocada para o vindeiro domingo 23 de febreiro en Compostela "desde o convencemento de que, dada a vocación exterminadora coa diversidade do goberno do PP, tan só a xente pode salvar o idioma". Neste contexto, Anova celebrou este sábado unha conferencia en Santiago, ao redor da situación que vive actualmente a lingua galega, que contou coa participación de diferentes relatores como Francisco Fernández Rei, da Real Academia Galega ou Marilo Candedo, de Nova Escola Galega, entre outros.

Deste xeito, Anova pediu a "derrogación inmediata" do Decreto de Plurilingüismo e a súa substitución por outra norma "que garanta o uso do galego, polo menos, no 70% das materias lectivas en todas as etapas do ensino público". Así mesmo, solicitou a posta en marcha dunha canle da TVG que conte cunha programación en galego destinada unicamente a público infantil, a posibilidade de contar co portugués como materia optativa en todos os centros de educación secundaria de Galicia e, por último, a dimisión de López Campos, "que debería ser relevado por outra persoa competente para o cargo".

Por outra banda, a formación lembrou nun comunicado que o Instituto Galego de Estatística publicou en outubro un informe sobre o uso e coñecemento do galego que puña de manifesto que, "por primeira vez na historia do país, o español é a lingua máis falada". Nesta liña, denunciou que "lonxe de servir para recuperar falantes, a escola é un factor castelanizante, ao longo do ciclo educativo provoca que un terzo do alumnado que empeza a escola falando galego acabe por pasarse ao castelán".

"Isto demostra a eficacia do chamado Decreto de Plurilingüismo aprobado polo primeiro goberno de Feijóo en 2009 cando, apoiándose na mentira da imposición do galego, reduciu o seu uso á metade no ensino", lamentou Anova. Con todo, a formación afeou á Xunta que poña á fronte da Consellería de Cultura "a unha persoa evidentemente incompetente e incapaz para o seu cargo, alguén que non ten nin os coñecementos nin a vontade de cambiar a relación coa lingua propia de Galicia".
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Ben sei que falar da lingua galega é case un tabú pero escoitar unha e mil veces os mesmos "argumentos" faise algo insoportable (semella que non aprendemos nada ao longo do tempo!) Logo de convocar o 23-F deberan levar a imaxe de Manuel Fraga pai do Plan de Normalización do 50% que agora Reivindican e que eles mesmos botaron por terra cando denunciaron no xulgado aos Inspectores de Educación porque segundo Carlos Callón non se cumpría co 50% das aulas en galego. Mira tí que curioso, seica estamos convocados a unha manifestación que reivindica o Plan Fraga polos mesmos que o botaron abaixo coa súa eterna cerrazón mental do carallo... (?) E por segunda vez abandonan a mesa da Comisión de Expertos convocada para mellorar o Plan Lingüístico de Galicia, seica algúns entenden que as cousas se solucionan mellor na Praza da Quintana ?

2 respostas
1

Por Sentidiño: De existir esa cerrazón, pouco tería que ver cos carallos. Todo pode ir a peor, e o bilingüismo harmónico fraguista foi superado polo anglofonismo paleto de Feixoo: o inglés e o galego son linguas equivalentes, as dúas estranxeiras. Mais o autoodio sempre terá defensores, como neste caso.

2

Por Gamela: Entre "autoodio" e "diglosia" case prefiro a segunda (seica ten cura) !


O portavoz do Encontro Irmandiño e responsable de Acción Institucional de Anova, Martiño Noriega, / Álvaro Ballesteros - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.