O PP rexeita crear unha comisión de estudo sobre a perda de produtividade nas rías galegas

Consideran que xa existe un organismo que "xa cumpre" con esta función, denominado 'Redemar'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2025

Os votos do PP rexeitaron a moción do BNG que demandaba a creación dunha comisión de estudo sobre a perda de produtividade nas rías galegas porque consideran que xa existe un organismo que "xa cumpre" con esta función, denominado 'Redemar'. Así o defendeu o deputado Miguel Fidalgo no debate da iniciativa dos nacionalistas durante a mañá deste martes na Cámara autonómica, onde a deputada do BNG Rosana Pérez acusou á Xunta de inacción ante os problemas para o sector marisqueiro.

Na súa primeira intervención, Pérez sinalou que "só uns días despois" de que o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, "non soubese contestar" o Parlamento sobre a situación nas rías "o propio presidente" da Xunta, Alfonso Rueda, "recoñeceu publicamente o que o BNG reclama desde hai anos", que é preciso "saber o que está a pasar no marisqueo". Para a nacionalista, a Xunta "non fixo nada" durante 17 anos en asuntos como os seguros de produción marisqueira ante inclemencias meteorolóxicas ou para paliar a falta de produción propia de semente; "e agora están preocupados".

"Non me estraña", engadiu antes de subliñar a urxencia que, para o BNG, ten a configuración dun organismo encargado de dilucidar os porqués da baixada de produtividade dos bancos marisqueiros. "Temos o mellor marisco do mundo. Galicia Calidade", reivindicou o deputado do PP Miguel Fidalgo ao comezo dunha intervención na que defendeu que Galicia "está a ser modelo para a UE de como se xestiona o marisqueo". "Non lle parece demagóxico vir criticar á Xunta cando o seu traballo se recoñece na Unión Europea?", espetou o popular á deputada frontista, ante a que esgrimiu que a Xunta conta con 'Redemar', unha entidade que conta coa participación de universidades e outros organismos para analizar a situación do sector pesqueiro e marisqueiro.

Por iso, xustificou o rexeitamento á inciaitiva do BNG ao entender que a súa demanda xa está cuberta por parte dun Goberno galego que, di, está centrado en "recuperar" os bancos marisqueiros a través de medidas de restauración e un plan de competividade do sector marisqueiro. Na súa quenda de peche, Rosana Pérez replicou que ese plan de competitividade é "o gran bulo" do PP, que "non existe" como evidencia a, di, negativa da Consellería do Mar a facilitala aos grupos.

No debate tamén participou o parlamentario socialista Xullo Abalde, que tamén cargou pola falta de respostas da Consellería do Mar á perda de biodiversidade nos bancos marisqueiros. O deputado do PSdeG, así mesmo, preguntouse "cantos deses 123 millóns de euros" prometidos por Mar "van ir dedicados a axudar ás persoas" que padecen as consecuencias da caída de produtividade nas rías.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Marisqueo / USC - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.