Victor Freixanes deixa a presidencia da Real Academia Galega

A tamén académica Margarita Ledo asume a presidencia interina ata a convocatoria de novas eleccións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2025

A etapa de Victor F. Freixanes como presidente da Real Academia Galega (RAG) terminou tras oito anos no cargo. A secretaria Margarita Ledo Andión asumirá a presidencia de forma interina.

O xa expresidente da Rag formalizou o fin do seu mandato, tras oito anos no cargo, ante os membros do Plenario da xunta ordinaria celebrada este venres no Pazo de María Pita, segundo informou a academia nun comunicado este sábado.

Así, Ledo será a encargada de pór en marcha o proceso electoral da nova comisión executiva da Academia nun prazo inferior a tres meses, segundo os Estatutos da organización. As candidaturas á presidencia da Rag deben ser presentadas por tres membros de número da institución, nun prazo que finalizará 48 horas antes á data que se fixe para realizar o pleno extraordinario da elección.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Victor Freixanes deixa de ser presidente da RAG e asume o cargo de forma interina a secretaria Margarita Ledo. RAG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.