Besteiro sobre Altri: "Onde está a viabilidade dun proxecto que só depende de fondos públicos?"

Asegura que o Congreso da pasada semana serviu como o "impulso definitivo" para o próximo "reto": as eleccións municipais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2025

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou que, na súa opinión, que a planta que proxecta a pasteira lusa Altri no municipio de Palas de Rei (Lugo) e que, este venres, a recibido o aval ambiental da Xunta, "non é merecedora" de fondos públicos.

Así o sinalou nunha entrevista na Cadena Ser, recollida por Europa Press, na que puxo o foco na viabilidade económica da empresa. "Se hai unha empresa que pide 250 millóns de fondos público e di que se non os recibe, non hai proxecto, onde está a viabilidade económica?", apuntou Besterio. Neste sentido, afirmou que "non ve" que Altri sexa o proxecto que desenvolva "de forma positiva" a economía de Galicia e asegurou que analizarán "con detalle" a declaración de impacto ambiental.

"Para nós non pasa o test de que deba ser un proxecto que reciba fondos públicos", subliñou Besteiro, á vez que lembrou que en 2021 "dixeron que este proxecto ía crear 4.000 postos de traballo e actualmente fálase de menos de 500".

CONGRESO DO PSDEG E SANTIAGO

Noutra orde de asuntos, sobre o Congreso do PSdeG da pasada semana, Besteiro apuntou que serviu como o "impulso definitivo" para o próximo "reto" dos socialistas que serán as eleccións municipais. Así mesmo, consultado sobre a expulsión dos concelleiros do PSdeG de Santiago, Besteiro apuntou "o cumprimento das normas é así".

"O cumprimento das normas obríganos a todos e agora a nosa preocupación está centrada no futuro e, sobre todo, no proxecto de Santiago, que para os socialistas é moi importante", asegurou o líder dos socialistas galegos. Besteiro cre que o problema en Santiago "non" lle afectará nas municipais e, polo momento, descartou dar nomes para liderar a candidatura de Santiago. "Nos próximos meses do que falaremos moito será do noso proxecto para Santiago", resolveu.

RESCATE DA AP-9

Por outra banda, consultado sobre o rescate da AP-9, Besteiro apuntou que "hai que seguir" no camiño que leve ao "100% das bonificacións". "Estou seguro que estamos cada vez máis preto", resolveu.


 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Pois contra o vicio de pedir, está a virtude de Non Dar 250 M€ á empresa portuguesa que ven apañar os cartos que reparte xenerosamente Pedro Sánchez Castejón


O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa. PSDEG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.