Condenan a Jácome por chamar "inútil e subnormal" e acosar a unha funcionaria e el di que "non ten a culpa"

O fallo determina que se infrinxiu a normativa en materia de prevención de riscos laborais en relación á ex xefa de Comercio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2025

O Xulgado do Social Número 2 de Ourense emitiu, con data do 17 de marzo, unha sentenza que determina que o Concello de Ourense e o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), deberán pagar "de forma conxunta e solidaria" a unha funcionaria 30.000 euros en concepto de "indemnización por danos morais" e outros 18.685,25 como indemnización pola súa incapacidade temporal.

En concreto, o fallo estima parcialmente a demanda formulada por Stella González, funcionaria e ex xefa do servizo de Comercio no Consistorio, contra o Concello e o rexedor. Así, a sentenza declara que o Concello e Jácome infrinxiron a normativa en materia de prevención de riscos laborais en relación con esta funcionaria, "procedendo o cesamento de toda conduta que constitúa infracción de normas preventivas e que continúen provocando un dano á saúde da demandante".

Nos seus feitos probados, a sentenza recolle como, anos atrás --nunha etapa na que era concelleira María Dibuja--, o rexedor presionábaa para que a funcionaria en cuestión resolvese "como el quería" determinadas cuestións. Tamén que "diante doutros traballadores dixo á (entón) concelleira que a actora era inepta, inútil, subnormal; mandou á feira de luces en Alemaña a un amigo seu e a un asesor ninguneando á actora; e pediu a outras persoas facer informes que tiña que ela tiña que realizar".

O Concello de Ourense avanzou que presentará un recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Nun comunicado, o goberno local sostén que non comparte a resolución xudicial e confía en que o alto tribunal valore os seus argumentos. O alcalde secundou o mesmo mensaxe.

"NUNCA SERÍA CULPA DO ALCALDE"

"O Concello e un servidor recorreremos ao TSXG pola sentenza que establece que o Concello infrinxiu a normativa de prevención de riscos laborais", sostén Jácome, pola súa banda, nunha rede social. "Algo que, de ser certo, nunca sería culpa do alcalde (que se limitou a resolver sobre a base de dous informes técnicos) senón, en todo caso, un suposto fallo da maquinaria administrativa municipal", agrega.

REACCIÓNS

Desde a oposición, as críticas foron contundentes. Luís Seara, do BNG, cualificou a Jácome de "alcalde acosador" e denunciou un "clima laboral insustentable" no Concello, con tres sentencias por acoso e "miles de euros en indemnizacións que deben asumir os cidadáns".

Pola súa banda, o Partido Popular instou ao rexedor a "respectar aos traballadores municipais e garantir unha contorna laboral libre de presións e humillacións", ademais de obxectar que esta nova sentenza confirma un comportamento reiterado.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
2

Ferroviario

O individuo ese nunca, xamais, na vida ten culpa de nada. Se él insulta, a culpa é da " maquinaria administrativa". Fala para xente sen moitas luces. O TSXJ, moi probablemente, rexeitará os recursos, e, como moito, baixará a indemnización.


1

Gamela

Carallo co Xulgado do Social de Ourense ! indemnización por danos morais 30.000 €urazos ! Imos ver que sucede no recurso ante o TSXG ! Doble ou Nada ?

2 respostas
1

Por Sentidiño: Sabe vostede o que é un xulgado do social? Sabe vostede o que é o acoso laboral? Por qué sae vostede sempre en defensa do poderoso, e nunca do feble? Apoiar sempre a Jacome indica o nivel intelectual, pero sobre de todo o nivel moral, de quen o fai.

2

Por Gamela: A primeira vez que me "acusan de sair en defensa do poderoso" (iso sí que é novidade!) En canto ao nivel intelectual e moral parece que estás a falar dun tal Villarino (PSOE) poois sen el Jácome nunca chegaría a ser o que hoxe é (polos votos dos ourensans) pero sobre todo pola vergoñenta actuación política de PP ~ PSOE ~ BNG A vivir que son dous días...


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome / Rosa Veiga - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.