Nace IESIDE para dar formación universitaria sobre negocios en tres cidades do país

ABANCA e Afundación prometen crear cen empregos directos en Vigo, A Coruña e Pontevedra. Os promotores din que contar con 14 profesores a tempo completo, 52 profesores asociados, 4 profesores estranxeiros visitantes e 350 profesores colaboradores.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 26/04/2016

O vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado do banco, Francisco Botas e o director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet Álvarez, presentaron esta mañá en Santiago o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), unha institución de educación superior orientada á empresa que "nace co propósito de complementar a oferta universitaria existente en Galicia e potenciar a cooperación entre as empresas e as universidades da comunidade autónoma".
 
A Escuela de Negocios de Afundación constitúe un dos compoñentes esenciais de IESIDE e verase potenciada dentro do proxecto con novas liñas de estudos. Os promotores informan que a creación de IESIDE inclúe a posta en marcha da Escuela Interdisciplinar de la Empresa, o Centro Interuniversitario de la Empresa, o Centro de Investigación ABANCA e o Centro de Innovación y Tecnología ABANCA.
 
Afundación explica que o modelo educativo baixo o que operará IESIDE terá como elementos distintivos a innovación, para o que estará dotado dunha sólida base tecnolóxica, e a internacionalización, para o que contará cun campus multilingüe e acordos e intercambios con institucións universitarias doutros países. Polo que respecta ao seu modelo administrativo, IESIDE "enfocarase cara a flexibilidade, estará orientado á excelencia e disporá de varios períodos de matriculación ao longo do ano para ofrecer facilidades aos estudantes que traballen ou que procedan de programas de intercambio".
 
Ademais da achega de infraestruturas, ABANCA di que investirá inicialmente 6 millóns de euros nun proxecto que suporá a creación de 100 empregos directos. A entidade financieira asegura que IESIDE terá un impacto económico en forma de aforro no gasto público en educación de posgrao, que en Galicia é un 12% máis alto que a media nacional, e repercutirá positivamente en xeración de riqueza para Galicia a través da atracción de estudantes doutras zonas. “E o que é máis importante, servirá para aumentar a taxa de actividade emprendedora en Galicia, situada por debaixo da media nacional”, sinalou Juan Carlos Escotet Rodríguez.
 
Pola súa parte, Miguel Ángel Escotet Álvarez, reitor presidente de IESIDE, destacou que se trata “dunha institución aberta a todos os segmentos da sociedade, independentemente dos seus recursos económicos”, xa que contará cun programa de bolsas que beneficiará ao 25% dos estudantes. E anunciou que “o profesorado non só desenvolverá labores de docencia, senón que estará involucrado tamén en proxectos sociais e de investigación”. O Consello Reitor do IESIDE estará integrado, ademais de por Miguel Ángel Escotet, por Aurelio Villa Sánchez, director da Escuela de Negocios de Afundación, como vicepresidente académico e por Pedro Otero Espinar, xerente de Afundación, como secretario xerente.
 
IESIDE iniciará a súa actividade en setembro deste ano cunha infraestrutura composta por catro centros: tres para uso formativo situados en Vigo, A Coruña e Pontevedra, e unha residencia de estudantes situada en Pontevedra. Tamén contará co soporte adicional do resto de edificios do banco e de Afundación nas diferentes cidades galegas. IESIDE terá 14 profesores a tempo completo, 52 profesores asociados, 4 profesores estranxeiros visitantes e 350 profesores colaboradores.
 
Os promotores explican seu catálogo formativo incluirá programas académicos presenciais, on-line e de tipo híbrido, así como cursos corporativos dirixidos a empresas. A oferta programada para o ano académico 2016-2017 inclúe os actuais programas oficiais de grado en ADE, o mestrado universitario MBA, 6 títulos duais Bachelor in Business Administration/ADE coa Dublin Business School e un total de 26 titulacións propias de mestrado, especialista e experto. A orientación será na súa maioría de cursos duais estudo-exercicio práctico.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Presentación do o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE)

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.