Propoñen gobernar Cambre cunha xestora ata as vindeiras eleccións

Alternativa dos Veciños di que sería unha solución tras a dimisión da alcaldesa maría Pan.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2025

Alternativa dos Veciños propuxo constituír unha comisión xestora en Cambre ante a dimisión da alcaldesa, María Pan, para garantir, segundo expuxo, a xestión no goberno ao non contar co necesario apoio da oposición ao non dispor da maioría.

"Coa representación de todos os grupos políticos pactaría a resolución dos asuntos de maior calado para que o Concello volva funcionar", sinala sobre a comisión xestora.

Nun comunicado, asegura que "se no pleno de investidura á Alcaldía de Cambre ningún candidato ou candidata lograse a maioría necesaria", Alternativa dos Veciños propón crear a comisión xestora ata as próximas eleccións. Ademais, afirma ter "a man tendida para formalizar calquera pacto que beneficie á cidadanía de Cambre pois calquera outra solución cun goberno en clara minoría sería profundar máis nos problemas actuais".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Pleno de Cambre (A Coruña). CONCELLO DE CAMBRE

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.