A muller de 41 anos desaparecida en Vigo marchou da casa "voluntariamente"

Está amparada por unha orde de afastamento imposta a unha exparella que a infrinxiu.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 10/04/2025

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo, Andrea Moreno Portela, foi localizada en bo estado, segundo confirmaron fontes policiais.

As mesmas fontes sinalaron que Andrea foi localizada na noite deste mércores e que ela mesmo explicou que marchou de casa voluntariamente e se atopaba "ben". A asociación SOS Desaparecidos, que avisou da desaparición tras a presentación de denuncia en Comisaría por parte da familia, desactivou a alerta.

Andrea fora vista pola súa familia por última vez o pasado domingo e, tras denunciar a súa desaparición, activouse unha investigación por parte do grupo 2 de UDEV da Comisaría de Vigo, que informou tamén o xulgado.

Dáse a circunstancia de que a muller está amparada por unha orde de afastamento imposta a unha exparella que a infrinxiu, sendo condenado polo xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Localizada en bo estado a viguesa Andrea Moreno Portela. SOS DESAPARECIDOS / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.