Varios feridos e rescatados en Vigo tras o incendio dun edificio

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2025

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que se orixinou este xoves un incendio. Segundo informa o 112, os bombeiros traballan aínda na extinción do lume que obrigou ademais ao traslado dunha muller ferida con queimaduras.

O lume orixinouse no sétimo piso dun edificio situado na rúa Isaac Peral de Vigo. O servizo recibiu os primeiros avisos pasados uns minutos das 18.00 horas. Foron varios os particulares que, alertados polo fume e as chamas, contactaron con emerxencias, mesmo desde rúas próximas ao lugar do suceso, indicando que o lume era claramente visible desde o exterior.

O 112 mobilizou aos Bombeiros de Vigo, axentes da Policía Nacional e Local e persoal sanitario do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ao chegar ao momento, os equipos de intervención tiveron que rescatar cunha escaleira a varios veciños do noveno piso que quedaran atrapados polo fume. Ademais, unha muller tivo que ser trasladada a un centro hospitalario con diversas queimaduras.

Segundo as primeiras hipóteses, o incendio puido iniciarse na cociña da vivenda afectada. Nestes momentos, os Bombeiros continúan traballando na zona, aínda que informan de que a situación está controlada.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un furgón de bombeiros / Carlos Castro - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.