Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2025
Un home increpou ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante a súa comparecencia aos medios de comunicación na súa visita este mércores á zona de pescadería do Mercado de Abastos de Santiago, ao berro de: "Hai que coidar as rías que están cheas de xurros e de merda!".
O titular de Mar tivo que deter a súa intervención sobre a iniciativa do 'Bono Peixe' durante uns segundos pola interrupción do home que lle reclamou o estado das rías galegas denunciando que "moito falar, pero as rías están contaminadas".
Así mesmo, o home, que se atopaba mercando neses momentos, dirixiuse ao conselleiro referíndose ás minas galegas como "culpables" da contaminación do ecosistema e isto, denunciou, "non se arranxa dando diñeiro".
BONO PEIXE
Os comentarios tiveron lugar durante a presentación do 'Bono Peixe' que o conselleiro dixo que se activará nas próximas semanas, "antes do verán", e volveu a reiterar ao Goberno central a esixencia de que baixe o IVE do peixe para incentivar á poboación a realizar un maior consumo.
Durante a súa visita ao Mercado de Abastos de Santiago este mércores, o conselleiro visitou os distintos postos da pescadería falando cos traballadores das súas necesidades e inquietudes. Nas súas declaracións aos medios de comunicación, o titular de Mar salientou a "importancia do sector pesqueiro" e explicou que esta iniciativa pretende fomentar a venda e o consumo de peixe fresco, porque é unha proteína "moi saudable, sobre todo para os nenos".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O conselleiro de Sanidade visitou este mércores o Mercado de Abastos de Santiao / Europa Press