Portugal vira á dereita e extrema dereita

Rueda felicita a Luís Montenegro polo apoio recibido nas eleccións de Portugal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou ao candidato da coalición conservadora Alianza Democrática (AD), Luis Montenegro, pola súa vitoria nas eleccións lexislativas de Portugal, celebradas este domingo.

Nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social 'X', o presidente galego destaca que Galicia e Portugal comparten historia e proxectos comúns e traslada o seu desexo de que "esta nova etapa sirva para fortalecer aínda máis esa relación".

A coalición conservadora Alianza Democrática (AD) gañou as eleccións lexislativas deste domingo cun 32,61 por cento dos votos (66 deputados), por diante do Partido Socialista (PS), que obtén un 23,36 por cento de apoio e 45 deputados e do partido de extrema dereita Chega, que queda por detrás do PS en votos (22,84 por cento), pero iguala en deputados, 45, segundo o escrutinio oficial correspondente ao 98,01 por cento de votos.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou na rede social 'X' ao candidato da coalición conservadora Alianza Democrática (AD), Luís Montenegro, por por a súa vitoria nas eleccións lexislativas de Portugal. CAPTURA EP / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.