Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, defendeu os informes técnicos incluídos na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de Altri en Palas de Rei (Lugo) ante a deputada Rosana Pérez (BNG) que alertou de danos para a ría de Arousa.
No pleno do Parlamento, a nacionalista cargou contra o informe "especialmente vergoñoso" da Dirección Xeral de Pesca que descarta danos para o marisqueo por situarse a 70 quilómetros da fábrica. Así, cuestiona que se fixo unha análise ambiental real sobre os danos para o sector pesqueiro desta "macrocelulosa" no río Ulla.
"Se a Consellería informa favorablemente porque o di a empresa, para que nos serve a Consellería?", cuestiona. "Ou é que son o mesmo a Consellería e a empresa?", pregúntase Pérez. En cambio, Villares remarcou que o informe apunta a que "non parecen previsibles" danos no sector, á vez que lembra que se puxeron condicionantes á compañía para "minimizar" impactos na contorna.
Tamén lembra que a ría de Arousa está constantemente monitorada pola rede de estacións automáticas e unha estación costeira, á que se suma a propia de Augas de Galicia
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O rebumbio parlamentar non vai server para nada bó (cicais para todo o contrario). Eu daría unha breve resposta á intervención do Conselleiro do Mar: "Veterinario e Alcalde de Cervo, de que carallo falas?" E punto final. Non hai maior desprezo que non dar aprezo ! O camiño xurídico será o único que paralizará Altri, pero ollo, os avogados deben fíar fino non vaia ser que nos pase o mesmo que pasou co Prestige (que non cobramos un peso) porque os Tibunais de Londres xogaban cunha Lei Pirata que non coñecíamos a fondo e logo de 23 anos fixemos o pailán. Ogallá os 35.000 €uros aportados para a loita xurídica sexan ben empregados, lonxe das tonterías parlamentarias (que nunca serviron para nada en Galicia!) O pobo sabe que as Celulosas Cheiran Mal... A ver se facendo o indio no Parlamento acaban por Cheirar a Rosas?
Alfonso Villares. XUNTA / Europa Press